Grupo Municipal

Santi Martínez e Saleta Fernández son os representantes de Veciñanza na Corporación de Cuntis. O traballo institucional é entendido como a viabilización de toda a acción social, continua e permanente, na que se fundamenta esta agrupación. Exercerán de voceiros de calquera demanda ou necesidade que os veciños/as desexen canalizar ao eido municipal, e fican suxeitos ás decisións da asemblea de Veciñanza, que é absolutamente soberana e aberta á participación. Desenvolverán a súa acción dende unha oposición responsable, seria, fiscalizadora e informativa.

Neste espazos terán cabida as principais iniciativas que o noso Grupo Municipal levará a cabo no seo da Corporación de Cuntis

Santi Martínez e Saleta Fernández